Para rematar o trimestre e despedir por este ano as sesións de lectura dos Atrapasoños, reunímonos en dúas sesións. Onte o alumnado de 3º e 4º de ESO que forma parte do club, xuntouse para reflexionar sobre o texto de María Reimóndez " A esencia da cidade" que rematamos de ler. Hoxe, os pequenos de 1º e 2º de ESO leron un relato de Antonio Yáñez Casal titulado "O rei de Letonia". Este conto, que está incluído no volume colectivo "Contos sen fronteiras", explica o caso dun rei que manda moito e que ten unha obsesión que o atormenta: quere que se escriba un conto sobre el .