O relato lido hoxe polos Atrapasoños pertence a Richard B. Matheson, un dos autores de ficción estadounidenses máis importantes do século XX, creador de novelas tan coñecidas como O home minguante ( The Shrinking man, 1956). Este conto,"Born of man and woman", que lemos hoxe traducido ao galego, foi o primeiro que escribiu, cando tiña 24 anos, e que o fixo famoso inmediatamente.Nel camiñan da man o horror e a fantasía e... os Atrapasoños, claro, non quedamos indiferentes.
xoves, 26 de abril de 2018
xoves, 12 de abril de 2018
PIONEIRAS
Na xuntanza de hoxe os Atrapasoños coñecemos algunhas mulleres galegas que foron pioneiras en diferentes ámbitos.
En concreto centrámonos na figura de Irene González, a primeira galega que formou parte dun equipo masculino de fútbol. A personaxe deunos para falar das desigualdades vividas polas mulleres no mundo do deporte , un máis de tantos ámbitos nos que ocupamos un lugar secundario, e non pola falta de méritos, senón polas discriminacións que aínda hoxe temos que sufrir.
Tamén lemos a historia das dúas mulleres da Coruña que casaron nos comezos do século XX, clandestinamente, porque o seu amor non era aceptado.

Estas historias e as doutras mulleres foron collidas do álbum titulado Pioneiras,
de Anaír Rodríguez, que fala de doce galegas que conseguiron vencer as barreiras impostas ao seu xénero.
xoves, 5 de abril de 2018
UN BOSQUE CHEO DE FAIAS
Un bosque cheo de faias de Francisco Castro queda tamén desde hoxe pendurado
do noso Atrapasoños .
Este libro , sobre o que fixemos
a sesión de hoxe, recrea o mundo da violencia neonazi. Nel cóntase como un grupo ultra e racista comeza a dar sinais de vida na
cidade na que viven Alexandre, Manuel e Antón. Os ultras exercen a súa
carraxe criminal en Nelson, un rapaz inmigrante de quince anos que só desexa
ter unha vida normal. Será entón cando os seus amigos comecen unha investigación
que os levará a coñecer mellor esa ideoloxía discriminatoria e a rebelarse
contra ela.
No sorteo do libro, a afortunada de hoxe
foi Andrea, de terceiro da ESO. Moitos parabéns, e grazas de novo por asistir,
queridos Atrapasoños.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
"Soñar esperto" é o título do conto que lemos hoxe na sesión de Atrapasoños, o noso club de lectura. O conto escol...
-
Neste xoves, os Atrapasoños escollemos unha lenda e a súa versión en verso : O libro do que procede é unha delicia : Lendo lendas digo ver...