xoves, 20 de decembro de 2018

CARTAS DE AMOR ( Fran Alonso)


O conto seleccionado para a sesión de hoxe  é o titulado "Lonxe", incluído no libro Cartas de amor  de Fran Alonso. É unha historia de amor triste que amosa as consecuencias do desarraigo, cando as persoas teñen que marchar do lugar ao que pertencen. Bárbara manda unha sentida carta desde Galicia até Uruguai, onde está o seu mozo. 


Parolando sobre o relato

                        
      
   Ao final da reunión  sorteamos  un exemplar do libro de Fran Alonso,que lle correspondeu a Denis, de 3º de ESO.  Rebeca, de 4º de ESO, foi a encargada de colocar o minilibro no Atrapasoños da biblioteca.
       

venres, 14 de decembro de 2018

7-X ( Rosa Aneiros)


Hoxe o grupo de Atrapasoños pequenos xuntáronse para falar dun dos contos incluído no libro Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns .
         O relato en cuestión , de Rosa Aneiros, titúlase 7-X e fai referencia aos atentados de Londres, en xullo do ano 2015, desde a perspectiva dunha rapaza árabe.  Sobre ela recae a sospeita polo feito de ser musulmá.  É vítima  por un lado das limitacións que lle impón a súa cultura ( o seu pai non quere que estude por ser muller), e por outro dos prexuízos occidentais sobre a comunidade de inmigrantes procedentes dos países árabes. 
Unha lectura interesante , sen dúbida, que pasa a formar parte do noso andel atrapasoñeiro.


 Paula e Daniela levaron un libro de agasallo


 O libro queda xa no noso andel particular