O relato de hoxe pertence a un dos grandes
escritores do século XX, Giovanni Papini.
Este autor italiano , admirado por Borges, foi un mestre do xénero fantástico que
deixou grande influencia na literatura italiana logrando tamén o recoñecemento
internacional.
No conto titulado “Historia completamente
absurda”, un célebre escritor está redactando as súas memorias cando recibe a
visita dun mozo cun libro que ten escrito. O mozo quere saber se o seu libro
merece ser publicado e comeza a lerlle o seu contido . É aquí onde comeza o
misterio...
Un minilibro máis que pasa a formar parte do noso Atrapasoños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario