A sesión de Atrapasoños de hoxe estivo cheíña de tensión:
Tres amigas amiguísimas, nunha noite de treboada, teñen que quedar soas nunha casa de campo; fóra ventea e o sistema eléctrico falla . Comezan a sentir medo e só atopan algo de acougo apertando as súas mans. Elsa Bornemann dosifica os elementos que nos causan tensión , as mans entón non son unhas mans calquera... ou si?
O conto titulado "Mans" forma parte do libro Socorro! ( doce cuentos para caer de miedo). A súa autora, Elsa Bornemann , é moi coñecida e valorada en Arxentina , moitas das súas obras foron reproducidas en libros de lectura para a escola e en manuais de literatura . O seu libro "Un elefante ocupa moito espazo" foi censurado durante a última ditadura militar e merecedor posteriormente de numerosos premios e recoñecementos.
Nós lemos a tradución ao galego do conto, e coma sempre repartimos exemplares do relato e marcapáxinas .
Paula Casal, de 2º de ESO, foi a encargada de pendurar o minilibro no noso Atrapasoños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario