Hoxe lemos o conto titulado "A mancha de humidade", da escritora Juana de Ibarbourou . Nel, a narradora protagonista lembra un feito que para ela simboliza a perda da infancia e dos soños, da capacidade de fuxir da realidade ... porque “ningunha bágoa rescata o mundo que se perde nin o soño que se esvae”
sábado, 26 de xaneiro de 2019
A MANCHA DE HUMIDADE ( Juana de Ibarbourou)
Hoxe lemos o conto titulado "A mancha de humidade", da escritora Juana de Ibarbourou . Nel, a narradora protagonista lembra un feito que para ela simboliza a perda da infancia e dos soños, da capacidade de fuxir da realidade ... porque “ningunha bágoa rescata o mundo que se perde nin o soño que se esvae”
venres, 18 de xaneiro de 2019
DEIXAR A MATILDE ( Alberto Moravia)
O relato escollido hoxe, para o noso
encontro lector co alumnado de 3º e 4º de ESO, foi escrito polo italiano Alberto
Moravia e exemplifica moi ben o amor adolescente ou xuvenil no que todo se vive
de maneira desmesurada: as cousas boas son moi boas e as malas moi malas.
A balanza da relación
entre Giulio e Matilde
"andaba moi desiquilibrada" , as dores pesaban máis que as alegrías e
por iso Giulio toma a decisión de deixar a súa moza. Mais no transcurso do
día , o protagonista vai pospoñendo o
momento de dicirllo e pouco a pouco vaise acentuando o seu dilema.
Seguramente algún dos Atrapasoños
se sentiu un pouco identificado con esta historia.
Reunión na lectura presencial
Paula poñendo o minilibro no Atrapasoños da Biblioteca.
venres, 11 de xaneiro de 2019
MANS ( Elsa Bornemann)
A sesión de Atrapasoños de hoxe estivo cheíña de tensión:
Tres amigas amiguísimas, nunha noite de treboada, teñen que quedar soas nunha casa de campo; fóra ventea e o sistema eléctrico falla . Comezan a sentir medo e só atopan algo de acougo apertando as súas mans. Elsa Bornemann dosifica os elementos que nos causan tensión , as mans entón non son unhas mans calquera... ou si?
O conto titulado "Mans" forma parte do libro Socorro! ( doce cuentos para caer de miedo). A súa autora, Elsa Bornemann , é moi coñecida e valorada en Arxentina , moitas das súas obras foron reproducidas en libros de lectura para a escola e en manuais de literatura . O seu libro "Un elefante ocupa moito espazo" foi censurado durante a última ditadura militar e merecedor posteriormente de numerosos premios e recoñecementos.
Nós lemos a tradución ao galego do conto, e coma sempre repartimos exemplares do relato e marcapáxinas .
Paula Casal, de 2º de ESO, foi a encargada de pendurar o minilibro no noso Atrapasoños.
xoves, 20 de decembro de 2018
CARTAS DE AMOR ( Fran Alonso)
O conto seleccionado para a sesión de hoxe é o titulado "Lonxe", incluído no libro Cartas de amor de Fran Alonso. É unha historia de amor triste que amosa as consecuencias do desarraigo, cando as persoas teñen que marchar do lugar ao que pertencen. Bárbara manda unha sentida carta desde Galicia até Uruguai, onde está o seu mozo.
Parolando sobre o relato
Ao final da reunión sorteamos un exemplar do libro de Fran Alonso,que lle correspondeu a Denis, de 3º de ESO. Rebeca, de 4º de ESO, foi a encargada de colocar o minilibro no Atrapasoños da biblioteca.
venres, 14 de decembro de 2018
7-X ( Rosa Aneiros)
Hoxe o grupo de Atrapasoños pequenos xuntáronse para falar dun dos contos incluído no libro Contos de colonias escolares, belas adormecidas, atentados e tiburóns .
O relato en cuestión , de Rosa Aneiros, titúlase 7-X e fai referencia aos atentados de Londres, en xullo do ano 2015, desde a perspectiva dunha rapaza árabe. Sobre ela recae a sospeita polo feito de ser musulmá. É vítima por un lado das limitacións que lle impón a súa cultura ( o seu pai non quere que estude por ser muller), e por outro dos prexuízos occidentais sobre a comunidade de inmigrantes procedentes dos países árabes.
Unha lectura interesante , sen dúbida, que pasa a formar parte do noso andel atrapasoñeiro.
Paula e Daniela levaron un libro de agasallo
O libro queda xa no noso andel particular
venres, 30 de novembro de 2018
MASCULINO SINGULAR
Hoxe,
igual que a semana pasada , a sesión de Atrapasoños estivo dedicada a Carlos
Negro, nesta ocasión á súa obra Masculino
singular. Os seus poemas “Baldosas”, “Toy Story” e “Cadernos Rubio” ocuparon
un recanto no recibidor do instituto, ilustrando magnificamente a nosa repulsa
contra a violencia machista. Na sesión de hoxe do club de lectura falamos
destes poemas e doutros textos que amosan con moita claridade os roles diferenciados
que a sociedade atribúe a homes e mulleres. Falar do sexismo, partindo
dun magnífico libro, é unha das mellores maneiras de coñecer o problema e
comezar a combatelo.
Lendo uns fragmentos durante a xuntanza

Poemas de Carlos Negro , expostos no recibidor do instituto.
venres, 23 de novembro de 2018
PENÚLTIMAS TENDENCIAS
A
proximidade do día contra a violencia de xénero marca a nosa selección para as
lecturas desta semana. As Atrapasoños de 1º e 2º de ESO asistiron hoxe a una sesión dedicada a
textos contra a violencia de xénero , entre os que tiveron especial
protagonismo os poemas de Carlos Negro .
Nesta
ocasión foron as rapazas , Atrapasoños de 2º de ESO, as que estiveron a
reflexionar en voz alta sobre algúns
dos poemas lidos que poñen en
cuestión os roles que sempre se lles atribúen ás mulleres .
Carolina foi a encargada hoxe de poñer o minilibro no
noso Atrapasoños, que comeza a lucir na Esperela coas lecturas deste curso.
MOITAS GRAZAS A TODAS
venres, 16 de novembro de 2018
ALGUNHAS PECULIARIDADES DOS OLLOS ( Philip K. Dick)
Minilibros e marcapáxinas para os Atrapasoños
“Perder a cabeza”, “falar polos
cóbados”, “meter a pata”, “non ter pés nin cabeza”, “botar unha man” son
algunhas das expresións con sentido
figurado que usamos para falarmos decote. Resulta sorprendente o que significarían
se as interpretásemos de maneira literal. Este é precisamente o xogo que se fai
no relato que lemos hoxe na sesión de Atrapasoños, titulado “Algunhas
peculiaridades dos ollos”, cuxo protagonista sospeita a presenza de
extraterrestres mentres le un libro...
O seu autor , Philip K. Dick , é un prolífico escritor de ciencia ficción
estadounidense , influiu notablemente neste xénero e varias das súas novelas
foron adaptadas ao cine.
Parolando sobre o conto
Ricardo pendura o minilibro no noso atrapasoños
venres, 9 de novembro de 2018
ROMPER O PORQUIÑO ( Edgar Keret)
O relato de hoxe conta a historia dun neno ao que seu pai educa para gañar co seu esforzo as cousas que quere, por iso debe aforrar cartos decote. No proceso porén, o neno non recoñece a importancia de atesourar diñeiro para mercar cousas , senón máis ben o valor da amizade e o amor que o levarán a tomar un camino distinto ao marcado polo pai.
Etgar Keret é un dos principais escritores contemporáneos de Israel, as súas historias breves déronlle sona mundial.
venres, 26 de outubro de 2018
ONCE ( Sandra Cisneros)
Hoxe
comezamos de novo a actividade dos
Atrapasoños, o noso club de lectura. Foi unha grande satisfacción ter tanta asistencia neste novo encontro na
biblioteca escolar. Na primeira sesión
do curso o relato escollido foi o titulado "Once" de Sandra Cisneros,
unha escritora, novelista e poeta estadounidense de ascendencia mexicana, moi
coñecida polas súas obras A Casa en Mango Street e Caramelo.
O
relato levounos a falar de como as persoas seguimos sendo pequenos aínda que
medremos, de como hai moitos sufrimentos que pasan inadvertidos , do dano que ás
veces causamos sen decatarnos… Un conto ben fermoso, si.
Igual
que no curso anterior, colocamos un mini libro co relato no noso ATRAPASOÑOS
XIGANTE. Os membros do club que
asistiron á sesión recibiron una carpeta cun exemplar do conto e un
marcapáxinas.
domingo, 14 de outubro de 2018
Comezamos de novo!
Feliz reencontró, queridos Atrapasoños. Esta semana retomaremos a actividade do club de lectura. O martes ás 10.10h. haberá una sesión informativa no primeiro recreo na que explicaremos o funcinamento do club . O xoves ás 12.10 teremos a primeira sesión de lectura, dirixida ao alumnado de 3º e 4º de ESO.
Xa estamos preparando todo con moita ilusión.
Non faltedes!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
-
Achégase o día 25 de novembro, n o recibidor Inés de Nieves fixo unha exposición homenaxe a todas as mulleres mortas,...
-
Hoxe os Atrapasoños tivemos a última sesión do curso . A obra seleccionada neste caso, "Espellos", pertence ...
























