Nova reunión dos membros do club de 3º e 4º de ESO. Esta vez para lermos o conto incluído na obra de Manuel Rivas Que me queres amor que leva por título “A moza do pantalón pirata”.
Dous
homes preparan un atentado contra o ditador do seu país. Teñen unha bomba
colocada nunha ponte que farán estoupar ao paso do dirixente. Saben que cada
vez que pasa pola ponte, axentes de seguridade cortan o tráfico e impiden que a
xente se achegue. Porén, ese día chega unha rapaza en bicicleta , vestida cun pantalón pirata,
detense a mirar o río, xusto cando eles van detonar o explosivo. Entón dubidan
que han de facer…
Cando o
escritor está pensando o desenlace da historia irrompe a súa filla e a realidade ensaríllase coa ficción ...
Dá moito que falar este relato:
Onde acaba a ficción?
Pode a literatura cambiar a realidade?
É dono o escritor da súa creación literaria?
Onde acaba a ficción?
Pode a literatura cambiar a realidade?
É dono o escritor da súa creación literaria?
Ningún comentario:
Publicar un comentario