Hoxe os Atrapasoños pequenos leron o relato de Isaac Asimov titulado "Canto se divertían" . O autor, que destacou no xénero da Ciencia Ficción e a divulgación científica,expón a súa visión sobre o futuro da educación e sorprendentemente realiza profecías que se cumpriron coa creación de Internet .
Asimov sostiña que existiría un modelo de educación no que cada rapaz , na súa casa puidese de xeito complementario á escola contar cunha computadora, e facer todas as preguntas que quixese, podendo investigar sobre o que lle interese saber ao seu propio ritmo.

Chema foi o afortunado, levou un libro de Asimov no sorteo de hoxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario